Revista Mira - Page 8

O día 6 de febreiro de 2015 foi un día moi especial para toda a "familia Miraflores", un día que quedará gravado para sempre no noso recordo.

Pais, alumnos, profesores e dirección do Colexio xuntámonos para vivir e gozar dunha xornada diferente e sen dúbida inesquecible para todos "A festa do Entroido en familia", un acontecemento que xa se converteu nunha tradición para o noso cole. Unha festa que resultou ser divertida, familiar, única e moi moi especial.

A temática elixida para este ano foi "Os debuxos animados" e o lugar para celebralo "a discoteca Capital". Os nenos estaban realmente entusiasmados, era a primeira vez que ían a unha discoteca!

Ás 19,00 estabamos citados para acudir á festa de Carnaval do Colexio Miraflores. A partir desa hora todo foi un desfile de marabillosos disfraces: Pitufos, Superheroes, doce personaxes deDisney, Popeye, 101 Dálmatas, os Increíbles, os Picapiedra... moitas temáticas diferentes pero todas igual de orixinais e divertidas, que fixeron que a discoteca se enchese de maxia, alegría e moita moita diversión.