Revista Mira | Page 9

O Entroido en familia

O profe Javi Domínguez encargouse de inmortalizar o evento, preciosas fotos que gardaremos para sempre.

Bailar, correr, rir, charlar animadamente, ver os nosos fillos felices, sorrindo, xogando sen parar e gozando dunha festa moi especial e inesquecible.

E despois de tanta diversión, chegou a hora de repoñer forzas, unha saborosa e abundante merenda esperábanos, que rico estaba todo! Creo que non deixamos nada.

As ganas de divertirnos, de pasar un anaco moi agradable en familia e de convivir, fixeron que esta "Festa do Entroido" fóra moi especial, non queriamos que rematase nunca.

E por suposto, o curso que vén... a repetir.

Raquel Rodríguez Lorenzo

Nai Pablo( E.I. 4 anos) e Martín( 3º E.P.)