Revista Mira | Page 7

Un ano máis, o colexio Miraflores celebrou unha das principáis festas da nosa terra: O entroido.

Todos os rapaces acudiron á escola cos seus traxes de entroido e fixéronnos a todos partícipes das súas ilusións e gañas de pasalo ben.

O profesorado tamén se sumou a esta cita e á conmemoración desta festa. Este ano, rendiuse homenaxe a dous personaxes típicos do Entroido de Galiza: o felo e a pantalla. Dous dos profesores, Marcos e Javier Domínguez, disfrazáronse destes personaxes e explicaron aos alumnos a historia de tan singulares traxes.

Tratouse dunha xormada lúdica e formativa ao mesmo tempo, na que os alumnos se achegaron un pouco máis á nosa historia coma pobo a través dunhas das tradicións máis coñecidas en todo o mundo: o Entroido.

O entroido na escola.