O Nadal
O éxito das actuacións foi tal que ata os alumnos e alumnas
da ESO se animaron a repetir e actuar para os seus compañeiros/as de Secundaria. Norabóa a todos pola vosa xenial aportación!
O mércores foi o turno das tan esperadas obras de teatro. O
alumnado de 6º de EP deleitounos un ano máis coas súas interpretacións. As horas de traballo deron o seu froito e todos desfrutamos moito coa vosa actuación.
Esperamos con ansia o ano que ven!
Finalmente, chegou o gran día, ese venres no que entre todos poñemos en marcha a representación do Belén Vivente. É un
día de unión e de celebración conxunta, en definitiva, un día especial. Grazas a todos os que dende 3 anos ata 4º de ESO o fixestes posible. O voso esforzo permitiu unha xenial representación deste momento tan especial para todos nós.