O Nadal
O Nadal, a nosa gran festa cristiá, chegou un ano máis. Trouxo
con ela moitas ilusións, actividades e tamén o imprescindible rebumbio de final de trimestre. Canto máis adornabamos os corredores e as aulas, máis ganas tiñamos de que, por fin, chegasen as vacacións. Os ensaios das panxoliñas, empezaron a ser unha actividade máis no noso día a día. Con moitas ganas, fomos memorizando as letras das nosas panxoliñas e aprendendo as coreografías
para acompañalas.
A última semana antes do Nadal, foi a máis
especial. Xa o luns pola tarde, os alumnos
de 3º,4º,5º 6º de EP desfrutaron das grandes actuacións que os de Secundaria lles
tiñan preparadas. Houbo actuacións para
todos os gustos: panxoliñas de sempre,
panxoliñas humorísticas, representacións
de talleres de xoguetes, un teatro de Nadal
con sombras e ata unha colaboración moi
especial entre os alumnos/as de 4º da ESO
e 3º de EP, que interpretaron conxuntamente unha panxoliña en inglés.