Revista Calasancio 2013-2014 | Page 15

O Nadal Ademais da representación do Nacemento, esa mañá, puidemos desfrutar no salón de actos, da interpretación das panxoliñas que os nosos alumnos tanto ensaiaran. Os nervios deixábanse sentir canto máis preto estaba a hora da actuación pero, como ven sendo xa costume, os alumnos/as sorprendéronnos coa súa arte. Moitas grazas tamén ás familias que asististes a celebrar connosco este Nadal, esperámosvos para o ano, con outras tantas sorpresas e cunha dose aínda máis grande de ilusión. Boas Festas e Feliz 2014!