EMILIA PARDO BAZÁN E O ATENEO MADRILEÑO
CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN O
museo está emprazado na antiga residencia na Coruña da Condesa Emilia Pardo Bazán( 1851 A Coruña – 1921 Madrid) e que hoxe comparte espazo coa sede da Real Academia Galega, institución creada en 1905 co fin de velar polo desenvolvemento da Lingua Galega.
Emilia Pardo Bazán é unha grande figura das letras, tanto como escritora como precursora ou colaboradora de numerosas iniciativas a prol da cultura Galega. Cabe destacar o seu espírito independente e protofeminista.
O museo presenta a súa figura, inmersa no seu tempo e no seu espazo íntimo, cunha reprodución dalgunha das estancias orixinais do pazo. Supón unha visita a un pazo típico urbano do século XIX, no que se poden ver mobiliario e enseres orixinais así como unha exposición da produción artística e outras obras de arte que rodearon á Condesa.
O museo pretende que a visita sexa dinámica e propón distintas actividades en función das características dos seus visitantes co fin de achegar a obra e a figura de Emilia Pardo Bazán ós visitantes.
EMILIA PARDO BAZÁN E O ATENEO MADRILEÑO
1905. EMILIA PARDO BAZÁN, PRIMEIRA MULLER SOCIA DO ATENEO DE MADRID
ecorte de prensa do diario A Época( 15-02-1905), que destaca a noticia da súa admisión como primeira muller socia de número.
R
Conseguiuno o 9 de febreiro de 1905, día en que ingresou como socia número 7.925. Emilia Pardo Bazán era xa unha recoñecida escritora e dera conferencias no Ateneo, pero non podía entrar na casa como socia de pleno dereito.
« Son a primeira muller que pisa oficialmente o Ateneo e isto é para min una das maiores satisfaccións que recibín », comentaba uns días despois. Enseguida solicitaron o seu ingreso outras dúas destacadas feministas: Branca dos Ríos e Carmen de Burgos, que foron admitidas o 10 de marzo.
En realidade os estatutos non contiñan prohibición algunha respecto das señoras. Falan xenéricamente de socios, como a Constitución política de España fala de españois. Con todo a práctica social fixo que se interpretasen de modo que non fose admitida ningunha señora ata o comezo do século XX no que ingresa dona Emilia.
Pero o que resulta moito máis increíble é que ata o ano 1978, despois da chegada da democracia, non ingresou a primeira muller na Real Academia da Língua.
E milia Pardo Bazán naceu na Coruña no ano 1852, filla dunha familia aristocrática. Viaxou moito por Europa e en 1881 foi a primeira que divulgou e defendeu o Naturalismo francés en España nunha serie de artigos recolleitos despois en libro co título de La Cuestión palpitante. Sostivo unha relación con Galdós, da que se conservou a correspondencia amorosa. Foi unha muller independente, excepcional na España da súa época e precursora das ideas feministas actuais. A escritora sempre atopou serios obstáculos para lograr o recoñecemento dos ambientes intelectuais, reacios a admitir mulleres. Tivo que esperar ata 1916 para ser nomeada catedrática de Literatura, non logrou, con todo, ser admitida na Real Academia Española. Morreu en 1921.
4