Publicaciones didácticas de la Biblioteca del IES de Sabón Revista Percorrido de Murguia a Dona Emilia PB | Page 3
MANUEL MURGUÍA
M
anuel Murguía naceu o 17 de maio de 1833 en Arteixo. Donde esta o actual colexio Manuel Murguía. Fo-
ron seus pais o farmacéutico compostelán Juan Martínez Castro e a guipuscoana Concepción Murguía
Egaña.
Manuel Murguía coñeceu a Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal, Rosalía de Castro no Liceo Xuventude e o máis inquedo
da mocidade compostelá e alí formouse a súa mentalidade progresista e a súa vocación literaria. A primeira novela,
Desde el cielo, escríbea cando tiña 17 anos, e non tardou moito en descubri-la súa verdadeira vocación.
En 1853 marcha a Madrid, coñece a Rosalía e publica unha crítica de La Flor, o primeiro libro de poemas da escritora.
En 1858 casan e froito do matrimonio naceranlles sete fillos
O MATRIMONIO MURGUÍA NA RÚA DO PRÍNCIPE
O
edificio, construído no século XVIII e que chegou a ocupar tamén Emilia
Pardo Bazán, consta de cinco andares de 180 metros cadrados e un xardín
anexo. Está situado na Rúa Príncipe, preto da sede da RAG, na zona da Cidade
Vella herculina
Manuel Murguía foi cesado do seu posto como Xefe de terceiro grado do Arquivo
vallisoletano de Simancas o 10 de outubro de 1870. O seu seguinte destino
profesional foi o Arquivo Rexional de Galicia na cidade da Coruña, cargo do que
tomou posesión o 1 de decembro de 1870.
Na actualidade sabemos que a familia habitou no piso segundo do número 3 da
rúa do Príncipe, é ademáis unha das primeiras rúas mencionadas en documen-
tos históricos coruñeses.
Un dos máis autorizados e fidedignos biógrafos de Rosalía de Castro dicía dela
que lles falaba aos seus fillos da Coruña nestes termos:
“La Coruña estaba hermosísima. Una temporada de primavera y un sol brillante.
Estaba por quedarme ya en ella. Si aquí me fuese mal, allá me iba, pues ya
tenía un sitio muy bueno, y bien amueblado, donde por tres duros al mes me
ponían servicio, habitación y planchado. (Castro 1993: 2, 601-602)”
CASA ROSALÍA RUA PRÍNCIPE
“Una ciudad encantada, de aquellas que se mencionan en los cuentos mágicos
con las campanas de plata que en las calles dejan oír sus sones, de las puertas
de oro que dan feliz entrada al viajero, de las soñadoras puestas de sol en que
éste se sumerge con un chisporroteo enorme sobre las aguas del mar. (Naya
1956: 4)”
SOBRES DE CARTAS PERSOAIS DE MURGUÍA
3