Mi primera publicacion Catálogo de Pensar coas mans | Page 383

381 contexto intelectual, pero ao amparo do gremio ou do oficio, é algo que acontece nos contextos urbanos. No caso das artesanías que nos ocupan, o desenvolvemento gremial serve para enmarcar o traballo da ourivería ou da xoiería, que cobra grande auxe nos focos urbanos como o compostelán. Pola contra, os artesáns da cerámica e da cestería proceden dun contexto rural en maior parte, dun tempo excedente das tarefas do campo dedicado a producir obxectos útiles, e que durante moito tempo non se consideran oficios exclusivos nin permiten vivir deles. A especialización vese favorecida pola demanda que promoven os intercambios comerciais e as melloras económicas. O consumo interno permite producir contedores de almacenaxe ou de cociña, e pouco a pouco o mercado introduce novos clientes na burguesía que gusta destes obxec- tos cando se lle introduce decoración, colorido e formas máis caprichosas. Deste xeito, o decorativismo fai que as pezas teñan éxito, algo de que o artesán vai ser consciente e anímao a indagar nas súas posibilidades creativas, como acontece por exemplo na olería de Buño, caracterizada por un maior repertorio decorativo, xogos cromáticos e tipoloxías caprichosas, que xa abandonan a mera utilidade (caso de obxectos como o xerro trampa ou o Botixo de rosca). O artesán tradicional vaise ir diferenciando por unha forma de facer que empeza a distinguilo do colectivo e pasa ao terreo da autoría. Certos ourives xa eran recoñecidos nos séculos pasados nos contextos urbanos, pero este non era o caso dos ceramistas e cesteiros; será xa no século xx cando van asumindo novos repertorios decorativos, así como un enriquecemento dos existentes e van probando novas solucións ou levando ás tipoloxías a unha a categoría exemplar. A actividade artesanal é unha historia de colectividades, unha arte do detalle, na que paulatinamente a función se une ao decorativismo para cualificar os obxectos na busca dunha maior beleza e dunha autoreli- zación do artesán. Analizar de xeito pouco profundo desde a perspectiva de xénero a evolución da artesanía, permítenos abordar unha dobre perspectiva, o papel das mulleres artesás na historia e tamén a propia valoración da artesanía como un arte do detalle que en anteriores períodos históricos se identificou co feminino dun xeito negativo ou secundario. Esta análise crítica das teorías sobre o agravio das artes menores identificadas co feminino, foi obxecto dun interesante ensaio da teórica e crítica do femi- nismo Naomi Schor4, neste estudo afonda nas afirmacións da Academia, que sinalaron que o xenio estaba nas grandes realizacións da arte, non nas particularidades que obedecen máis a copistas ou a meras repeticións. Nas teorías do Academicismo, ou mesmo na influínte teoría hegeliana, o detalle identifícase coa feminidade, sempre ligado á natu- reza, eido que a arte debe interpretar e transcender para non confor- marse coa mera reprodución. Progresivamente o detalle valorarase máis