Lingua Galega I | Page 4

2.

O GALEGO DENTRO DO CONXUNTO DAS LINGUAS EUROPEAS

En Europa fálanse máis linguas das que son consideradas oficiais e a protección da que gozan e a situación na que se encontran estas linguas é moi distinta e diversa.

Por esta razón atopamos linguas minorizadas con máis número de falantes ca outras linguas que si contan con un recoñecemento xa sexa de oficialidade, cooficialidade ou simplemente recoñecemento e protección.