Lingua Galega I | Page 5

Comparámolo primeiramente con todas as linguas faladas no estado francés. Francia mantén desterradas a todas as linguas que non sexan o francés, un exemplo destas linguas é o bretón, o cal conta con uns 300.000 falantes. Todas estas linguas localizadas en Francia desprézanse negándolles calquera tipo de recoñecemento ou protección, colocando tan só ao francés como lingua oficial.

No Reino Unido non ocorre o mesmo ca en Francia, neste territorio o gaélico escocés é recoñecido como lingua cooficial polo Goberno escocés, que lle dá a mesma importancia que ao inglés. O gaélico escocés conta con uns 70.000 falantes e esta presente no ensino en Escocia, tanto nas Terras Altas como nas Baixas.

A situación do galego no territorio español dentro das posibilidades non resulta moi inxusta, xa que en España non se chega ao extremo no que se encontran as linguas en Francia. Que o galego conte con unha protección e un recoñecemento de lingua cooficial territorial non quere dicir que non sexa posible que desapareza, por iso debemos facer o máximo por conseguir que se conserve.

Cando realizamos unha comparativa entre a situación do galego coa de outras linguas europeas podemos observar que a nosa lingua non se localiza nunha situación extremadamente mala.