Lingua Galega I | Page 3

1.

TEMÁTICA XERAL COMÚN

Os argumentos do ecoloxismo lingüístico e por tanto a diversidade das linguas son:

·A perda de cultura e de patrimonio, xa que perder unha lingua non só implica perder ese conxunto de códigos lingüísticos, implica tamén a perda da información da cultura dese lugar onde se falaba ou fala.

·A identidade de toda unha xeración que leva vivindo nese territorio anos, décadas ou mesmo séculos. Xa que se lle eliminamos a un pobo a súa lingua non só sacamos os coñecementos didácticos, senón tamén a historia de toda unha existencia.

Ante a situación da diversidade lingüística existen dous posicionamentos: o ecoloxismo lingüístico, que defende a variedade lingüítica, e a uniformización, os que están a favor de que haxa una única lingua.

O máis salientable dos que defenden o uniformismo é que a comunicación universal facilitaria o entendemento de todos os seres humanos en calquera parte do noso planeta.

Persoalmente inclinaríamonos cara ó lado da diversidade lingüística porque ainda que unha única lingua facilitaría moito a comunicación, non é xusto soterrar todos os milleiros de linguas que existen por unha sóa. Se ata agora fomos capaces de entendernos con tantas linguas porque non había de seguir así?