Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 8

Aquela edición contou cun feixazo de bandas galegas, do mellor da nosa nación: os Diplomáticos de Monte Alto, os Bochechiñas, os Impresentables, os Herdeiros da Crus, Os Papaqueixos, Skornabis, o grande Pinto de Herbón e, como non, os anfitrións, os Rastreros de Chantada e outra banda chantadina Os Tabernícolas. Porén na Cea de Viana, na tasca do Caballero, estiveron tamén os Yellow Pixoliñas, O Caimán do Río Tea, xente d' Os Verghalludos da Cruña e do que logo sería Desfeita. Tamén xornalistas como Alberto Casal e escritores como Manolo Rivas e a súa dona Isabel, chegados directamente en avión desde México. Todos eles, son os responsábeis do Manifesto de Viana, verdadeira declaración de principios do bravú. O lugar escollido foi baixo a cuberta do instituto e nel celebrouse o primeiro magosto popular que xa non faltaría en ningunha das edicións do Castañazo. Esta edición podería definirse como o primeiro festival bravú da historia ou, empregando a variante da área luco-auriense: o primeiro festiva bravío de todos os tempos. Precisamente Unión bravú sería o título do primeiro recopilatorio do movemento, editado por Edicións do C յ