Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 7

ligou, definitivamente, a historia da música galega con este festival. En palabras de Xurxo Souto: Os Rastreros chamáronos chamáronos para tocar con eles nun magosto alternativo o CastañazoRock. Alí naceu a idea de reunir a outros grupos que andaban na mesma ruta. No seguinte magosto, ano 94, citáronnos na aldea de Viana para cear na taberna do Sistema. Ben, o nome oficial era O Caballero, pero o dono sempre dicía que no verá “o sistema é comer churrasco” e “no inverno o sistema é tomar cocido”. Por iso era O Sistema. Apareceu moita xente, ademais de Rastreros e mais nós, alí viñeron os Skornabois de Lourenzá, Yellow Pixoliñas, que xa tiñan disco e eran un referente, Os Papaqueixos da Coruña, Os Impresentables de Vimianzo, Cisco de Vigo, que andaba nos Bochechiñas... Mesmo tamén apareceu tarde, Manolo Rivas con Isabel, a súa compañeira. Tiñan boa escusa, acaban de aterrar en Santiago nun voo procedente de México. O cocido foi impresionante, na sobremesa houbo debate sobre o que queriamos ser e como queriamos chamar ao que facíamos. Case ao remate como ninguén acababa de achegar unha proposta clara, tirei da que eu traía preparada da casa, todo calculado. Uns días antes, paseando na Cidade Vella pola Praza da Fariña, dixérame un amigo, Pepe de Carral: vos tiñades que lle chamar á vosa música bravú. Bravú dixen e bravú quedou. E creo que foi un acerto. A maiores da eufonía brutal destas dúas sílabas: bra-vú, case como un mantra tibetano, o seu significado era tamén especialmente acaído: o sabor, o cheiro da carne do monte, da carne sen castrar. Unha boa metáfora para o que queriamos facer: música do noso tempo, pero co cheiro ben definido desta parte do mundo que habitamos.8 O cartaz da II edición reflicte á perfección como estaba en mente pórlle unha etiqueta a aquela emerxencia de grupos que facían música alternativa en galego, xunguindo tradición e modernidade e demostrando que o galego era unha lingua apta para calquera expresión cultural e, como non, para o rock. Aqueles mozos crearon un movemento cultural arredor dun cocido, como apunta Manolo Maseda «iso contasllo a Kusturika fai unha peli» 9. Novamente Xurxo Souto dinos sobre aquela reunión que fixo de Viana o centro do universo de Chantada a capital do bravú: Un brinde dun grupo de rapaces que foi quen de incidir niso que se chama “cultura”. Un fato de xente nova reunidos, non nunha cafetería da Coruña, nunha asemblea de estudantes en Santiago, ou nun pub de Vigo, senón no entorno marabilloso da taberna do “Sistema”, a converter a aldea, por primeira vez, no centro do mundo.10 Cea de Viana na tasca do Caballero, “O Sistema” (1994) 8 Suárez, Rodri (2014), Non temos medo. Historia oral de Os Diplomáticos de Monte Alto, A Cruña: Nicetrip, pp. 69. 9 Op. cit., p. 72. 10 Souto, Xurxo (2014), “1994/2014, XX anos de Bravú” en Sermos Galiza, dispoñíbel en http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/1994-2014-xx-anos-bravu/20140803132015029714.html (última consulta 18/09/2014).