Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 9
Xosé María Varela que coordinaran Rock na Costa da Morte11.
De feito, Edicións do Cumio dirixíronse directamente a Richi dos Rastreros nunha xuntanza que se
celebrara na tasca compostelá Tumbadiós e que contou cun produtor de excepción, o histórico Suso
Vaamonde que serviu como elo entre Voces Ceibes e o bravú. Infelizmente, o disco apareceu cheo
de erros: aparecían grupos que logo non viñan recopilados e outros que si estaban non aparecían,
contaba cunha portada que para moitos é a máis fea da historia do rock –se ben neste 2014
recorremos a ela, adaptándoa, para facermos as camisolas dos XX anos de bravú–. Algúns nomes
que se barallaran en xuntanzas previas como Olho ao Cam, Os Maruxa, Yellow Pixoliñas, Os
Inmortais, Malavida e Heredeiros da Crus non se incorporaron e finalmente en Unión Bravú
participaron:
Os Papaqueixos co seu tema “Matías, o morcego”;
Bochechiñas con “Crooner”;
Xenreira con “Presente!”;
Rastreros co seu himno “Tractorada”;
Os Skornabois con “A nova Fifi”;
Os Diplomáticos de Monte Alto con “Platinos”, tema do que moito despois farían unha versión os
Rastreros no disco-homenaxe aos Diplomáticos intitulado 120 Capadores;
Pinto de Herbón con “Nitramón, 15, 15, 15”;
Kaos e o seu tema “Galiza morta non!”;
Os Impresentables achegaron “Que foi do rock&roll”;
O Caimán do Río Tea o seu célebre “Manolo Pescadilla”;
e Túzaros o tema “Cuspen na cara”.
O 31 de outubro de 1994 tremeu Viana e o seu eco fíxose escoitar no universo enteiro.
11 Neste disco estaban Os Impresentables, Zënzar (o grupo en galego máis lonxevo), La Crema, Desertores do Arado,
Malavida e Troleblues.