Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 3
O Castañazo débelle moito a existencia dos Rastreros de Chantada e, máis concretamente, ao seu
batería Juan Camilo, máis coñecido no mundo do rock galego como “Richi” ou “Richón”.
Precisamente os Rastreros toman de RNT a idea de mesturar punk e gaita e conségueno facer con
notábel suceso, dotando a Galiza dunha forma propia de punkitude, a arroutada, que xungue
tradición e modernidade.
Podemos dicir, tocante ao bravú, que en grande medida –por exemplo, no caso dos Rastreros vese
claramente a través do uso da gaita no punk– se dá algo análogo ao calibanismo nas literaturas
africanas3. Por outras palabras, manifestacións culturais creadas (moitas veces polas capas medias
ou máis desfavorecidas, aínda que logo resignificadas e, en boa medida, transformadas pola grande
industria cultural) no centro do sistema-mundo como o rock, o punk... son primeira adaptadas como
mímese, mais nas culturas dinámicas acaban sendo novamente resignificadas e fusionándose con
elementos propios da cultura receptora.
Concerto dos Rastreros no I Castañazo-rock
Pasados máis de vinte anos o Castañazo segue máis vivo que nunca. Hoxe é unha vizosa asociación
cultural que integra a máis dun cento de mozas e mozos da vila. Así as cousas, o que comezou
sendo un pequeno magosto con concertos e que xuntaba só a uns poucos centos de persoas hoxe é
un dos festivais máis consolidados da Galiza e do Estado que reúne o máis selecto do panorama
internacional e a milleiros de persoas.
3
Próspero e Calibán son dúas personaxes dunha coñecida obra de Shakespeare: A tempestade. Calibán é un
“salvaxe” escravizado por Próspero. Ernest Renan viu en Calibán o terceiro estado oprimido pola aristocracia no
seu drama filosófico Calibán. Calibán tamén foi habitualmente empregado dentro do repertorio dos autores latinos
(Rubén Darío sen ir máis lonxe en “El triunfo de calibán” de 1898 e “El crepúsculo de España” do mesmo ano) e
até nalgunhas interpretacións marxistas remite claramente para o colonialismo. Nesa liña é onde encontramos o
calibanismo, ou sexa, nas loitas coloniais de África. Precisamente, Aimé Césaire, o poeta da negritude, quen insire
este elemento repertorial nas literaturas africanas coa obra Une Tempête, tamén nas de lingua galego-portuguesa.
Para ver o enorme suceso deste termo e a súa influencia nas discusións culturais do noso diasistema lingüístico nosa
cultural véxase: Sousa Santos, Boaventura (2003), “Entre Próspero e Calibán. Colonialismo, pós-colonialismo e
interidentidade”
en
Novos
Estudos,
CEBRAB,
nº
66,
pp.
23-52.
Dispoñíbel
en
http://novosestudos.uol.com.br/v1/files/uploads/contents/100/20080627_entre_prospero_e_caliban.pdf
Última
consulta 12/01/2015.