Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | страница 2

Historia do Castañazo-rock (1993-2014) Antom Fente Parada “Todo o mundo que non ten ideas asume as hexemónicas, porque parece que así as ten”, Xosé Manuel Pereiro, director da revista Bravú e cantante de Radio Océano. No outono de 1993 un grupo de amigos e amigas decide organizar un festival en Chantada pola súa paixón polo rock. Naquel tempo non era nada doado moverse até Vigo ou outras cidades para poder ver música moderna en directo. O transporte en Galiza, unha materia pendente desde sempre, non axudaba. Os petos da mocidade, sempre cheos de soños, tampouco. Aínda non había Internet e as relacións humanas guiábanse máis pola realidade que polo virtual e o mediático. Aqueles pioneiros, que realmente eran continuadores doutros mozos e mozas que foran desde a década de setenta incorporando a música alternativa e moderna na sociedade chantadina e non sen problemas e incomprensións, dito sexa de paso 1. Decidiron escoller o mes dos magostos para celebrar nun baixo da vila a primeira edición dun festival no tempo da castañeira. De feito, na década de noventa, fóra do Castañazo foron moi poucas as ocasións para poder ver algo “diferente”, alén das actuacións de bandas locais como La Paja Cubana, PK2, ou RNT que ían desde o punk até a experimentación nos lindeiros da música electrónica (ou até na vangarda da música complexa como no caso do Colectivo Musical Autónomo, CMA). Houbo algunha excepción, con todo, como a actuación de Los Berrones en 1992, grupo nacido en Tolivia (Asturies) en 1987 e que chegou a vender 20.000 copias do seu primeiro disco longo (Voi dicítelo!, KM44, 1989) cantando «n'asturianu»2. 1 2 Pardo Hermida, Alfredo (2014) “Nove nomes cos que contar os últimos trinta anos de escena local”, La Voz de Galicia, edición Lemos, 28-12-2014. Dispoñíbel en http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/12/28/novenomes-cos-contar-os-ultimos-trinta-anos-escena-local/0003_201412M28C4992.htm#.VJ_GvycE0Ak.facebook Elipe, Xulio (1996), Llingua y rock, Uviéu: AYDA, pp. 44-45.