Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 26

centos de persoas no ano 1993 a congregar por volta de 5000 persoas en 2014 no mercado gandeiro. No capítulo dos grupos Los Gatillazo trouxéronnos unha posta en escena brutal acompañada dos acordes máis puros do punk con vellas e novas letras que falan de problemas que lonxe se solucionarse cobran a cada paso unha maior urxencia e vixencia. De Euskal Herria a Bosnia, Madrid, Barcelona e Chantada foron os únicos puntos da xira dos Dubioza Kolektiv, que deron un concerto impresionante cun son calcado ao dos seus discos: música tradicional balcánica fusionada con elementos de ska, rock e da música electrónica nunha mestizaxe que está pegando con moita forza, nomeadamente en Centroeuropa e Europa do Leste. A aposta pola mestizaxe, aínda que en diferentes coordenadas, estivo tamén presente no concerto de La Raíz, que fechaban a súa xira en Chantada e deixaron unha moi boa sensación nos siareiros da banda, que non eran poucos, que se desprazaron até o corazón de Galiza. Desde Venecia produciuse a volta dunha das bandas de ska referenciais neste momento no panorama internacional. Falamos, como non, de Talco que, malia non dar o seu mellor concerto, conseguiron que o público se entregara completamente aos seus potentes pogos e ao ritmo frenético de festa imprimido polos matices que a súa potente sección de vento lle dá ao seu ska. Tocante ás bandas galegas, demostraron estar a altura das grandes apostas internacionais e da vitalidade e variedade da nosa música, a pesar da crise dos cachés e da precariedade cada vez máis atafegante que sofren as bandas galegas. Demostrouno pola tarde durante o magosto a música balcánica e galega dos Fanfarria Takikardia, que xa estiveron noutros festivais importantes da nosa xeografía como o Freixo Rock celebrado en maio. Visualizouse a variedade e a calidade tamén co metal dos Machina, banda premiada recentemente pola súa laboura musical, e coa mestizaxe e o ska trepidante dos Ma 6