Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 25
edición: Bongo Botrako e Che Sudaca. A aposta por diferentes estilos, non exenta de debate tanto
internamente como desde fóra da asociación a través de críticas ou comentarios na rede, demostrou
ser un éxito ao ampliar a asistencia e a heteroxeneidade do público facendo atractivo o festival paso
a paso a diferentes continxentes da sociedade galega, algúns que, deste xeito, contactan tamén coas
bandas galegas que seguen a ter un público moito máis restrinxido que outras bandas, en boa
medida pola ausencia dunha normalización satisfactoria da cultura galega (que se pode ver nos
alarmantes datos de emprego da nosa lingua, sen ir máis lonxe, entre a mocidade).
XII Castañazo Rock (2014): Chantada, capital do inverno festivaleiro galego
Neste 2014 a nova edición do Castañazo Rock contou cunha afluencia masiva de pública. Milleiros
de persoas que ategueiron todo o día as rúas da vila e pola noite fixeron que o mercado gandeiro
cáseque parecera pequeno. Foi a edición cunha maior afluencia de público e cun cartaz construído
con moito esforzo e cunha aposta novamente por diversos estilos e referencias galegas e do
panorama internacional.
Imaxe do mercado gandeiro durante o concerto de Talco na XII edición do Castañazo Rock. Pixelin Photo
encargouse de ir subindo en tempo real fotos do festival, nunha das novidades desta edición.
Vinte e un ano despois do primeiro Castañazo, o festival pasou de encher un baixo cuns poucos