Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 17
Fomos gañado en experiencia e comprobando como podíamos contribuír a encher unha vila perdida
do interior galego de mocidade e de vida, conseguindo ampliar aos hostaleiros da contorna que
comezaron a vernos con bos ollos. A presenza de bandas galegas foi sempre irrenunciábel, mas a
achega internacional permitía ampliar público que deste xeito se achegaba tamén ás bandas galegas.
As bandas galegas que en 2008 nos deleitaron en Chantada foron Skarnio, unha aposta musical
chea de frescura no seu momento que encadilaba a todo o país cun disco moi completo; Skacha,
sempre A Ferro e lume cun rock sen contemplacións; e desde a Cruña unha aposta por novos
talentos (novamente cousa do Richi), os Bastard on Parade, que irán incorporando repertorio
galego (“Quen teña viño” entre outras) e que eran o máis semellantes aos The Real McKenzies que
había nesta Finisterre. Tamén contamos cos Veraneantes, unha charanga épica que amenizou o
magosto popular que, como non, non faltou nunca desde 2007.
No capítulo de actividades deixamos a feira dos discos pola feira con polbo, carne ao caldeiro... ao
xeito un pouco do Castro, mais que ao ser de noite fomos dándonos conta que non era o máis acaído
para a dimensión e o formato do noso festival. Mellor funcionaron os obradorios de rock nos que
contamos cun profesorado de excepción como Alberto Cereijo (Los Suaves), Fran Amil
(Papaqueixos), Javier Abreu e Pedro Feijoo Barreiro...
E, sobre todo, as primeiras olimpíadas ou xogos bravús que, grazas ao bo facer de Xavier Viana e
Cris Ouro, levan sendo unha das señas de identidade do Castañazo-rock desde 2008 e unha
inconfundíbel marca de que o Castañazo sempre foi e será bravú na súa cerna. Desta volta,
pasámolo en grande co lanzamento de boina, o turra-soga, a espectacular corrida de leiteiras e o
bravío chote de esterco!
VII CASTAÑAZO-ROCK (2009): O RURAL UNDERGROUND TAMÉN É BRAVÚ15
En 2008 contamos por fin cun spot, obra do xenial Alfredo Pardo protagonizado, entre outros, polo
noso “piloto” Isaac Viana16. Foi unha oportunidade de, ao noso xeito tentar conxurar as
consecuencias da quebra de Lehman Brothers en setembro, cando o minotauro global explotou.
Seguimos fieis ao noso estilo e sen especular, apostando pola calidade e tentando sempre ir a máis.
15 Site de 2009: http://www.castanhazo.com/2009/concertos.htm
16 Pode visualizarse na seguinte ligazón (última consulta 19/09/2014):
feature=player_embedded&v=CkAflrRcCdE
https://www.youtube.com/watch?