Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 16

Motor Perkins, procedentes dese lugar máxico que é Don Ramiro e que facían unha trepidante aposta atlantista que nos fixera ir a algúns de nós desde Chantada a Pantón no carro con “O día”, tema da súa maqueta Motor Perkins, unha e outra vez a toda pastilla; Cuchufellos, exemplo da explosión que a partir dos 2000 se produce en Galiza no panorama musical, ritmos frenéticos desde Maceda de Trives e fin de festa espectacular; e, sobre todo, para nós o fundamental foi o retorno desexado e tan agardado dos Rastreros do que Carlos Blanco, que presentaba o festival, falou e falou ben: Lembro a miña emoción inmensa ao acudir ao concerto dos Rastreros de Chantada cando se volveron xuntar, e acórdome como presentei o bis dicindo que eu xa vira aos Clash en París e aos Rastreros en Chantada, podía morrer tranquilo. Había 5.000 rapaces brincando como poucas veces teño visto, cantaban a canción deles que saíra no disco do Xabarín porque esa era a súa educación.13 No tocante ás actividades lanzamos a I Feira do Disco Galego, onde me fixen cunha das últimas copias que ficaban do disco Rastreros. A piñón fixo e a golpe de pixo. Porén, debemos recoñecer que a cousa, infelizmente, non coallou, se ben sigo considerando que é algo moi necesario aínda que nestes tempos posmodernos as feiras de vacas, discos e libros sexan cada vez mais raras na nosa xeografía cando, de sempre, Galiza fora basta en feiras. Por outra banda, presentamos o disco-homenaxe aos Diplomáticos, esa xoia chamada 120 Capadores que nos trouxo un Richi ilusionadísimo a unha das reunións previas da organización. E para completar o p