Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 18

Comezamos a iso das 21 horas o festival coa regueifa d' “Os Jordechos”, aos que seguiu o rock galego antifascista dos Skandalo GZ, unha banda que segue contando cunha excelente saúde. Aínda que para ska, o apisonador concerto dos Talco, desde a Venecia máis rebelde, nunha altura en que aínda eramos vinte ou trinta os que os coñeciamos na Galiza (aínda que xa arrasaban en Austria, Alemaña...). Desde Portugal Peste&Sida, unha vella arela de tender pontes entre Galiza e Portugal, entre dúas follas dunha mesma porta cultural. Kogito deixou a forte pegada do seu directo tamén naquel Castañazo, mostrando a boa saúde da música galega que pode competir en pé de igualdade co que se fai en calquera parte do mundo. Palabras maiores é Dixebra. Xunto aos Berrones é a banda máis senlleira do rock astur e a súa alma mater, Xune Elipe debe ser recoñecido tamén como peza asociada ao movemento bravú. L'asturian ԁ