Historia do Castanazo-Rock (1993-2014) Historia do Castañazo Rock | Page 14

Novamente o recinto escollido foi o mercado gandeiro, voltou celebrarse o magosto popular, cobrouse entrada, unha organización máis experimentada e sendo a edición que contou cun maior éxito de público. No entanto, a falta de apoio das institucións e incluso a promesa de axudas por parte da concelleira de cultura (Susana López Abella do PP) que nunca foron pagas rematou por condenar ao Castañazo á desaparición... ou iso crían naquela altura moitas e moitos en Chantada. Así, o Castañazo-rock perdeu a oportunidade de converterse nun dos festivais con máis edicións de Galiza, mais, como veremos, non todo estaba perdido. V CASTAÑAZO-ROCK (2007): XUNTOUNOS O DEMO DO RICHÓN CUN ANGAZO.....12 2007. Moita ilusión, moitas gañas, pouca experiencia... nacía a Asociación Cultural O Castañazo con Ibán Gómez Vázquez como primeiro, e até de agora único, presidente e máis de vinte mozas e mozos na organización dando o callo ao longo de todo o ano. O nexo de unión entre a primeira fornada e a nova: Richi dos Rastreros –que en 2008 deixaría a organización– e os irmáns Otero (Marcos e Roberto). El Progreso falaba de que en Chantada se reunía un moribundo bravú nun certame musical con pouco futuro. Vese que o bolseiro non era precisamente un lince. O que isto escribe non viviu ningún Castañazo da primeira época, iso que desde o 1992 xa andaba por G aliza con seis anos chegado desde Alemaña. As primeiras novas do Castañazo tívenas a través de conversas informais e dun dos programas políticos que concorreran nas municipais, que levaba entre os seus puntos recuperar o festival Castañazo-rock. De feito, axudou bastante que no concello mudaran os ventos. O último Castañazo da primeira etapa aínda está esperando polas 100.000 pesetas (na altura eran bastantes cartos, máis dos 600€ de agora se temos en conta tanto a inflación como o poder adquisitivo desa cifra na altura) que apalabrara a concelleira de cultura. Pois ben, un bo feixe de mozos, coa axuda da Deputación de Lugo e do Concello de Chantada, conseguimos sacar adiante o festival: Ibán Gómez Vázquez, o presidente da asociación e a persoa que máis horas lle dedica ao festival ao longo do ano; Rafael Lobelle González, responsábel na actualidade dos Cantos de Taberna e de impulsar a Liga Nacional de Cantos de Taberna; Lucas Lage; Xavier Viana, organizador e instigador dos Xogos Bravús; Sandra Ouro, encarregada da mercadotecnia do festival; Ana Ouro; Cris Ouro; Eva; Alejandro Antonio, un todoterreno no que a loxística se refire; Nerea Noguerol, que leva o tema dos ourizos; Isaac Viana, que coordina o bar; Ana Gay, que leva o backstage e o Castañazo Infantil; Lorena Gay e a colaboración sempre 12 Site do festival: http://www.castanhazo.com/2007/concertos.htm