Ficha: O curioso incidente do can a medianoite FICHA_ELCURIOSOINCIDENTEPERROMEDIANOCHE - Page 6

Cun estilo directo, unha linguaxe sinxela (o dun neno), infestado de reflexións sobre o que vai describindo ou narrando, penetrámonos nun mundo que por cotián non deixa de ter a importancia e transcendencia que lle dá o seu protagonista, para quen detalles nimios convértense en moi significativos. 4. CUESTIÓNS DE COMPRENSIÓN LECTORA 1. Por que crees que a mestra recomenda a Christopher que escriba a historia que está a investigar? 2. Describe algunhas das teimas do protagonista e tenta explicar por que as ten. 3. Como reacciona o pai cando descobre a investigación de Christopher? Crees que é comprensible? 4. Ao longo do libro Christopher reflexiona sobre diversos temas que lle chaman especialmente a atención. Cita algún deles Que opinión meréceche a reflexión do raparigo? 5. Christopher, a pesar das súas fobias, escápase a Londres para ir coa súa nai como foi o traxecto? a que tivo que facer fronte o protagonista? 5. CITA ( S) E REFLEXIÓNS “Mira, se cadra non debería dicirche isto, pero… quero que acenos que podes confiar en min. E… vale, se cadra non digo sempre a verdade. Deus sabe que o tento, Christopher, Deus sabe que o fago, pero… A vida é difícil, xa o sabes. Foder, é durísimo dicir a verdade todo o tempo. Ás veces é imposible. E quero que saibas que o estou tentando, que de verdade o estou facendo. E quizá este non sexa un bo momento para dicirche isto, e sei que non vai gustarche, pero… Tes que sabes que a partir de agora vou dicirche a verdade. Acerca de todo. Porque… se uno non di a verdade agora, entón máis tarde… máis tarde doe aínda máis. Así que…” O pai de Christopher vai confesarlle quen matou o can. Detrás dese incidente hai unha verdade dolorosa que lle tentou ocultar: cal é?, crees que hai que dicir sempre a verdade, en todas as circunstancias? A lectura depara momentos de humor, situacións detectivescas e unha boa dose de sensibilidade nesta aventura de crecemento persoal, singularizada na súa narración por ser levada desde o punto de vista dun protagonista 6