Ficha: O curioso incidente do can a medianoite FICHA_ELCURIOSOINCIDENTEPERROMEDIANOCHE | Page 7
tan especial, implicándonos de forma intensa nos seus problemas, sentimentos e
peripecias cos personaxes que lle rodean, facéndonos rir e emocionándonos a un tempo.
Tamén é significativo o tributo que o autor fai á figura de Arthur Conan Doyle, o creador
de Sherlock Holmes, e en especial á súa novela O can de Baskerville, á que Christopher
utiliza como modelo.
6. VOCABULARIO
O vocabulario utilizado por Mark Haddon é sinxelo; é este un recurso que contribúe
a caracterizar ao seu protagonista. O mundo do raparigo que absorbe como unha
esponxa todo o que hai á súa ao redor, cunha curiosidade desbordada, pero tamén coa
súa particular percepción da realidade, é o que aparece expresado no vocabulario que é
sempre alcanzable, próximo e expresa as preocupacións e observacións de Christopher.
7. ACTIVIDADES
1.Fala sobre o narrador da historia
▪ Que tipo de narrador é?
▪ Cales son as características do personaxe que fan que sexa un narrador moi
especial?
▪ Unha das consecuencias do narrador elixido é que ás veces o lector comprende
e sabe cousas que o personaxe non entende ou descoñece aínda. Crees que isto
axuda ao lector a empatizar co personaxe?
2. Do resto de personaxes Cales destacarías? Como contribúen á historia?
3. Paréceche orixinal o argumento ou a forma de contalo? Crees que a historia che
habería causado o mesmo efecto se o autor elixise, por exemplo un narrador en
terceira persoa omnisciente?
4. O personaxe teñen problemas para xestionar as emocións, isto vémolo, por
exemplo, cando fala da súa vida futura, na que se ve casado? como fala da súa
muller?
7