Ficha: O curioso incidente do can a medianoite FICHA_ELCURIOSOINCIDENTEPERROMEDIANOCHE | Page 4
· A nai: é unha persoa que ten moi pouca paciencia con el a pesar de que lle quere moito,
de maneira que prefire vivir afastada del antes que perder os nervios; con todo procura
entendelo e aceptalo. En última instancia prevalecen os vínculos de sangue antes que a
afinidade psicolóxica.
· O pai: enténdese bastante ben con Christopher; acepta mellor as súas teimas, aínda que
ás veces enfádase e aflora a ira. Coida moito do seu fillo e tenta que non lle falte de nada,
darlle seguridade e que estea contento. No seu afán de hiperprotección mente ao raparigo
e iso vai desencadear o conflito.
· Siobha: é a mestra na escola de educación especial onde vai Christopher. Representa
o respecto e a comprensión #ante persoas cunha situación especial; axuda aos nenos
fomentando as súas capacidades e recursos; por exemplo, aconsella a Christopher que
escriba a súa investigación que ao final será o libro que lemos. Esa actitude fai que o neno
confíe nela e pregúntelle todo o que non entende ou lle desconcerta.
· Wellington: é un can, o mellor amigo de Christopher. A súa propietaria é a señora
Shears unha veciña súa. Ao raparigo gústanlle moito os animais e a este can tenlle un
agarimo especial. Por iso cando o atopa morto proponse a atopar o seu asasino e xura
non descansar ata que o consiga.
· Señora Shears: foi a axudar ao pai de Christopher cando a súa nai “faleceu”. É a
propietaria de Wellington.
· Roger: actualmente é a parella da nai de Christopher, aínda que antes foi o marido da
señora Shears, pero separáronse porqué el empezou unha nova relación coa nai de
Christopher.
· Toby: Christopher adora aos animais, por iso como mascota ten a Toby, un rato. É de
cor branca cunha pequena mancha de cor marrón nas costas. Tenlle moito aprecio e cóidao
moito.
Tempo
Aínda que o tratamento do tempo que se fai na novela é lineal, en canto á ordenación
dos acontecementos, o autor xoga con saltos cara atrás que obedecen ao pensamento do
neno-narrador. Nun momento dado Christopher lembra un acontecemento ou algo ad hoc
co que está a ocorrer, e non expresa con absoluta liberdade e coherencia, a propia da
liberdade do pensamento e os recordos que en ocasións son caóticos e non se someten a
unha regra estrita. En calquera caso os feitos nárranse como algo pasado, aínda que tamén
aparece o presente que corresponde ao momento cronolóxico desde o que Christopher
conta a súa historia.
4