Ficha: O curioso incidente do can a medianoite FICHA_ELCURIOSOINCIDENTEPERROMEDIANOCHE | Page 3
Argumento
Christopher John Francis Boone, que padece a síndrome de Asperxer, é un
adolescente de mente privilexiada cos números pero que lle custa relacionarse
socialmente pola súa enfermidade. Cando unha noite atopa ao can da súa veciña morto,
Christopher tentará adiviñar quen foi o causante do seu falecemento e escribir un libro
sobre as súas investigacións.
Animado pola súa profesora de educación especial Siobha, o raparigo irá escribindo o
froito da súa investigación sobre a morte do seu amigo o can Wellington. Así, a través da
enquisa que realiza aos veciños, será como nos decatemos da relación que o dono do can,
o señor Shears, tiña coa súa nai. Esta, segundo o pai de Christopher, falecera despois de
estar supostamente ingresada por un ataque ao corazón.
Christopher anota todas as súas investigacións no seu caderno; o seu pai descóbreo,
enfádase co fillo e acaba tirando o caderno ao lixo. O neno, ao buscalo, descobre unha serie
de cartas que a súa nai estivera mandándolle pero que o seu pai ocultoulle: a súa nai vivía,
pero noutra cidade.
O seu pai recapacita e descúlpase co neno, dicíndolle que xa non tería máis secretos
para el, así que lle conto que foi el mesmo quen matara a Wellington. Christopher,
asustado, escápase de casa para dirixirse a Londres onde vive a súa nai, con todas as
dificultades desta viaxe simbólica para un neno das súas características.
Reencontrado coa súa nai, esta decide volver á súa cidade co seu fillo. Todo volverá á
normalidade, pero con cambios substanciais: poderá facer o seu exame de mates, volverá
ao cole cos seus compañeiros, pero agora vivirá coa súa nai, aínda que continúe vendo ao
seu pai. A pesar de todo xa nada será o mesmo para Christopher, porque co curioso
incidente do can a media noite a súa vida cambiaría para sempre.
Personaxes
· Christopher John Francis Boone: é o protagonista da historia; trátase dun mozo de 15
anos que sofre unha síndrome de Asperxer. Ten unha gran capacidade de observación, así
como unha gran memoria; así mesmo está especialmente dotado para as matemáticas, polo
que se está preparando un exame importante desta materia; tamén a gusta moito a
química. Ten algunhas teimas como que non se toquen os alimentos dentro do prato, non
lle gustan as cousas de cor amarela nin marrón, non lle gusta que rían del. Pero a pesar de
todo isto, é un mozo cunha gran sensibilidade. O seu gran amigo é Wellington o can da
súa veciña.
3