Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 9

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" debido á alza de notas provocando que, como hai unha materia a maiores a preparar, os centros oriéntanse máis a que as súas alumnas superen con éxito as probas en lugar de que reciban formación e leven a cabo unha labor de aprendizaxe. Esta proba levántase baixo o argumento de igualar as posibilidades do alumnado de centros privados e centros públicos. A realidade mostra que nos centros privados, onde non hai recortes orzamentarios, dirixen o segundo curso, e ás veces incluso os dous cursos de bacharelato de cara a proba de selectividade, non sendo esta unha resposta verdadeira e eficaz ao problema que supón a educación privada e ou concertada. Por outro lado, a idea reiterada ao longo do preámbulo da LOE entra en contradición coa realidade do Consello Escolar, o órgano de toma de decisións dos centros de secundaria. A capacidade de actuación e o número de alumnas nesta estrutura é moi reducida; negándolle ao estudantado a capacidade de ser activo nas decisións do seu centro de estudos e non pasivo; a capacidade de aportar o seu punto de vista nas problemáticas concretas do seu centro, das cales el é o verdadeiro afectado; a capacidade de adquirir un novo punto de vista do centro, do alumnado, e do propio sistema educativo. Ademais dos medios de enaxenación do alumnado con respecto ás problematicas concretas e globais xa citadas, os medios de comunicación e diversos axentes do sistema educativo pretenden arrebatarlle ao estudantado a súa maior arma de loita: as folgas. Cada vez está máis estendida a idea de que as estudantes non teñen dereito a folga, pero esta é unha idea totalmente falsa. Apoiándonos na propia Constitución, onde se sinala que o Estado español é un estado democrático, que democraticamente falando non se pode negar un dereito considerado básico, e que o dereito a folga pertence a estes dereitos básicos; no preámbulo da LOE, onde se di que a educación é un medio de exercicio da cidadanía democrática, o cal significa que deben exercer os seus dereitos fundamental; na Convención dos Dereitos dos Nenos; nos Principios da OIT sobre o Dereito de Folga, no que se sinala que o correcto exercicio do dereito de folga non debe carrexar sancións perxudiciais de ningún tipo, que implicarían actos de discriminación antisindical, tendo en conta que a legalización e autorización dunha convocatoria de folga por parte da administración, autoriza e legaliza ao sindicato convocante, neste caso de tipo estudantil; do artigo 12.1. da Carta dos Dereitos fundamentais da Unión Europea, que establece que toda persoa ten dereito á liberdade de reunión pacífica e á liberdade de asociación en todos os niveis, especialmente nos ámbitos político, sindical e cívico, o que implica o dereito de toda persoa a fundar con outros sindicatos e a afiliarse aos mesmos para a defensa dos seus intereses; e da inexistencia de restrición de calquera tipo sobre o dereito de folga das estudantes e dos estudantes; o estudantado si que ten dereito a folga. Seguindo as análises precedentes, a LOMCE significaría a supresión de contidos de cara a unha ampliación de horas daquelas materias que aparecen nos resultados dos informes PISA, que aportan un suposto ranking de estados con maior nivel en educación. Ademais de suprimir asignaturas, algunhas pasarían a ser de modalidade, como as linguas nacionais ou Historia da Filosofía. Crearíase unha alternativa á relixión con contidos seguramente de carácter conservador. 9