Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 10

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" No plano de estrutura interna, a LOMCE supón un brutal ataque á pouca democracia interna dos institutos. Por un lado, os Consellos Escolares pasarían a ser de carácter consultivo. Por outro, ampliaríanse enormemente as competencias da figura da directoraou director, pois entre outras cousas, pode designar libremente ao profesorado atendendo aos seus propios criterios, teñan ou non oposicións. Ademais, os candidatos a director ou directora deberán superar un curso superior de desenvolvemento da función directiva. Esta lei, recolle que a educación pública está formada polo conxunto de axente públicos e privados que prestan o servizo da educación. O feito de que os institutos sexan financiados segundo os seus resultados académicos e non segundo as súas necesidades, fai que se polaricen os centros educativos, atopándose centros onde os recursos permitan desenvolver máis positivamente ao alumando e outros onde as condicións sexan demasiado desfavorables como para poder adquirir unha boa formación. Tamén se eliminarán aquelas asignaturas ou modalidades de bacharelato que non sexan rentables. Así, nos centros do rural galego, a oferta educativa quedará reducida a unha ou dúas modalidades, e moitas asignaturas serán suprimidas. Isto acentúa a idea de polarización e contraste entre os institutos, que provoca necesariamente a polarización e contraste social entre unha clase que poderá acceder a unha carreira ou a un bacharelato, e os sectores populares que terán que cursar Formación Profesional. 3.2. Formación Profesional. A Formación Profesional