Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 11
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
dos requisito para acceder a bolsas de estudo, entre outros motivos que non teñen por
que ser de tipo económico.
Outro aspecto que pretende implantar esta é a FP dual, na cal se combina a teoría das
clases con prácticas en empresas. Isto significa a obtención por parte de empresas
privadas man de obra gratuíta. Implantarase tamén a chamada FP básica, que terá uns
contidos moito máis rebaixados e que non proporcionará ao ser rematado o seu estudo
un título, senon un certificado de estudos.
3.3.Universidade
Con respecto aos estudos futuros, cara a universidade, os ataques que está a sufrir o
estudantado son graves tamén. Un exemplo claro de ataque ao ensino público foi a
LOU, cunha procura de privatización por parte do goberno. Nun principio o nivel de
representación do profesorado nos órganos de goberno das universidades era dun 48%
pasando a ser, coas reformas, dun 51% e diminuíndo a influencia do estudantado.
Ademais pasaba a ser o Estado o que habilitaba aos profesores co que se dificultaba o
ensino das linguas propias de certas comunidades. A lei tamén supuña a creación dun
Consello de Estudantes onde o lugar presidencial é ocupado polo Ministro de Educación
en lugar de, como sería lóxico, unha estudante.
O estudantado manifestouse en numerosas ocasións contra esta lei sen obter respostas
satisfactorias e sen que se tomasen medidas que beneficiaran á xuventude como se
pretendía.
Unha vez aprobada a lei polo partido que neses intres se atopaba no goberno (PP), a
oposición principal (PSOE) prometeu nas súas campañas a reforma de dita lei. Cando
chegaron ao poder, modificárona totalmente, pero para adaptala ao Proceso de Boloña,
incrementando a mercantilización da universidade.
O Proceso de Boloña dicía procurar a equiparación de todos os estudos superiores dentro
da Unión Europea, pero o primeiro síntoma de que o obxectivo real era a privatización
foi o cambio que se produciu nas bolsas de estudo. Boloña producía a aparición das
bolsas préstamo, as cales eran proporcionadas por empresas privadas en lugar de polo
Estado, e ditas empresas comezaron tamén a formar parte dos órganos do goberno
creados por Boloña.
Con esta nova lei os mestrados das licenciaturas quedaron substituídos por posgraos que
nun principio era voluntarios pero que, na realidade, facíanse imprescidibles para atopar
un traballo digno pero que non todas as familias podían permitirse xa que logo o seu
custo podía acadar os 3000 euros.
Creábanse os créditos, que median as horas de impartición de cada materia, pero nesas
horas incluíanse as que o propio alumno invertía no estudo fora da universidade,
impedindo así a compaxinación dun traballo co estudo dunha carreira xa que tanto a
asistencia a clase como a entrega de traballos afectaban notablemente ás cualificacións.
Na actualidade, atopámonos con numerosos ataques á Universidades como poden ser o
Proxeto de Lei SUG ou Informe de Expertos, que non debe ser concebidas como ataques
diferentes, senón un conxunto de medidas neoliberais que constitúen a segunda parte do
11