Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 8
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
3. Situación do estudantado
3.1. Educación primaria.
O ensino primario é o ciclo estudantil no que ten lugar a evolución da concepción
pedagóxica do ensino: Se ben nos primeiros cursos os valores que se promoven son o
traballo colectivo, o compañerismo e o esforzo, avaliados mediante un seguimento
individual que ten en conta as carencias e as capacidades propias de cada alumnas e
alumno; nos últimos cursos podemos ver cómo estes valores son substituídos polos
valores que se promoven no ensino secundario como é o individualismo, sendo o
alumnado avaliado mediante controis periódicos que deixan de lado a consideración das
capacidades do alumnado antes sinaladas. Isto evolucionará ao seu máximo grado na
educación secundaria coa Proba de Acceso á Universidade.
3.1 Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
Nos centros de educación secundaria, aínda que no preámbulo da LOE se establece que o
ensino debe preparar ao alumnado para o exercicio da cidadanía e para a súa
participación na vida económica, social e cultural, con actitude crítica e responsable; a
realidade dos centros educativos móstrase totalmente diferente.
Os contidos e o enfoque dalgunhas materias (sobre todo nas Ciencias Sociais), os plans
de estudo, a actitude que se implanta no alumnado de maneira indirecta como o
individualismo ou a competitividade (deixando atrás os valores ensinados na
educación primaria e preparándonos para unha proba na que a correctora non
valorará o esforzo e traballo da alumna) e a presenza de valores sociais patriarcais,
lgtbi-fóbicos, xenófobos e consumistas; converten a educación nun aparello ideolóxico
que transmite os valores dominantes que se atopan na sociedade, comezando así o
proceso de alienación social do individuo. Ante isto, as estudantes deben reivindicar
unha educación como promotora do espírito crítico e científico xunto con ferramentas
que lles permitan levar a cabo pola súa conta análises da sociedade que no seu
conxunto, lles proporcionen madurez e lles permitan poder desenvolver os seus propios
puntos de vista e a súa capacidade intelectual. Paralelamente, as estudantes deben
apostar pola promoción de valores sociais antipatriarcais, ecoloxistas, promotores das
culturas e linguas de cada territorio e que non exclúan aos diferentes sectores sociais.
Dentro da ESO, unha proba da actual función de alienación do individuo e do papel de
aparello ideolóxico da educación é “Educación para a cidadanía”, asignatura implantada
a nivel europeo que, c