Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 7

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" cada curso ata que ao rematar téñense pagados os 6000 €. Na práctica, isto é un filtro de estudantes para que únicamente as persoas con poder adquisitivo poidan acceder a un mundo laboral cunha formación adecuada ou estudaren o que de verdade queiran. Se ben o ensino se pode considerar a base dun país, da cultura social ou do futuro, no Estado español non é así. Mentres que nos recortes do Partido Popular de novembro de 2011 se recortaba de media un 8,9% en todos os ministerios, en educación recortouse o 64%, producindo un ataque cultural que afecta individual e socialmente. Este brutal recorte trouxo consigo consecuencias tan terribles como: ·Supresión de: Bolsas para material escolar e comedor Bolsas para estudar no estranxeiro Educación especial Exención de pagos por falta de recursos ·Aumento de: As taxas universitarias Os pagos das residencias Horas lectivas (pero non os salarios dos mestres) O número de alumnos por clase (3 alumnos máis por clase aprox.) ·Redución de: O número de traballadores en xeral (en 2013, 62 000 menos) O número de profesores (no curso 2012-2013, 19 524 menos) O número de bolsas de estudos. Ramas que ofertan os centros Todas estas consecuencias redactadas así poden parecer insignificantes, ou soamente un par de cifras. Pero a realidade é moito máis dura e preocupante. Non soamente se suprimen bolsas e axudas, tamén se suprime o dereito de ter unha educación pública e de calidade, a liberdade de poder estudar o que se queira independentemente da capacidade adquisitiva de cada unha, e sobre todo suprímese a ilusión dos estudantes. Non soamente aumentan as taxas e o número de alumnos por aula, tamén aumenta a diferencia entre as clases sociais, o privilexio para os ricos e as desvantaxes para os pobres, o analfabetismo, a incultura, e sobre todo aumenta a decepción dos estudantes. E non soamente se reducen traballadores e bolsas, tamén se reducen as posibilidades de cursar estudios superiores e de traballar no mundo do ensino, e sobre todo redúcese a ilusión dos alumnos. En definitiva, os recortes en educación están a rematar con nós. Destrúen o noso pasado, o noso presente e o noso futuro. O noso pasado porque se están a levar por diante un sistema educativo que as xeracións anteriores loitaron por conseguir. O noso presente porque xa non fan da educación un dereito, senón un privilexio. E o noso futuro porque volverán esas persoas sen educación ás que os partidos políticos non terán dificultades para enganar. Resumidamente, “recortar en eduación é un suicidio social”. 7