Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 6

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" Actualmente en España, segundo de onde proceda o financiamento do ensino, este pode ser público ou privado. O gasto privado do ensino provén dunhas cotas establecidas ás familias dos estudantes e de entidades privadas. Hai outra opción, que é a subvención da administración pública, pero neste caso non se fala de educación privada, senón concertada. No caso da educación pública, o seu financiamento obtense mediante administracións públicas. Segundo datos do ano 2011, as comunidades autónomas aportan o 82,7% do gasto total, que xunto co Ministerio de Educación e Cultura, cobren o 86,9%. O 13% restante provén de outros ministerios coma Administración pública, Agricultura, pesca e alimentación, Defensa, Xustiza, Sanidade e consumo, Traballo e asuntos sociais e Medio ambiente, así como tamén dos concellos e deputacións. En total, ese ano dedicáronse 50 715 millóns de euros ao ensino público, dos que case o 32,9 % foi dirixido á educación infantil e primaria, o 30,2% á educación secundaria e ás FP, e un insignificante 3,9 % a bolsas de estudo. A porcentaxe restante aplicouse a ensino especializado. Non obstante, a estes datos de hai dous anos, temos que engadirlles os recentes recortes que se tratarán posteriormente. Os colexios e institutos públicos pódense financiar mediante doazóns ou ventas de bens, prestacións dos servizos que poidan realizar, e fondos públicos. Non obstante, ningunha destas axudas é comparable á do orzamento ofrecido polo Ministerio de Educación e Cultura e das Comunidades Autónomas (A Xunta no caso da comunidade galega), quen permiten a existencia de centros públicos. Non obstante, cas novas medidas do PP isto non seguirá a ser así por moito tempo. Neste presuposto pode estar incluído ou non o transporte, o comedor e a residencia. Para levar a cabo o financiamento destes centros, o respectivo secretario debe elaborar un orzamento, no que se inclúan os gastos e ingresos estimados, que posteriormente será aprobado polo Consello escolar. O financiamento do ensino universitario é o máis problemático polo seu elevado prezo, feito que únicamente perxudica aos estudantes e non aos outros medios de financiamento. Por unha banda están as empresas que aportan unha financiación privada. A simple vista pode parecer moi solidario, pero é pura conveniencia. A súa aportación conleva a tratos cas universidades, nos que comprometen aos estudantes para que despois traballen para ditas empresas; ou ben inflúe a que as universidades oferten únicamente carreiras que a esas empresas lles conveña. Ademais de que cre