Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 5
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
ou mercantilista na xestión universitaria ou á introdución da empresa privada nos
procesos de toma de decisións da universidade.
A Lei de Reforma Universitaria (LRU) aprobada a principios dos 80 formalmente
configuraba unha Universidade democratizada mais, na realidade, non era o marco
axeitado para a superación dos grandes problemas que padecía a universidade.
O goberno central do Partido Popular promoveu a Lei Orgánica de Universidades (LOU)
que agochaba unha das máis abafantes agresións dos últimos anos contra a universidade
pública e que pese a supor unha clara invasión das súas competencias en ensino foi
aceptada submisamente pola Xunta de Galicia.
Por último, cabe destacar o Plan Bolonia, acordo que en 1990 asinaron os ministros de
educación de diversos países de Europa e ao que posteriormente se foron incorporando
outros ata incluír case todos. O obxectivo deste plan era facilitar o intercambio de
titulados e adaptar o contenido dos estudos universitarios ás demandas sociais mediante
uns créditos. Non obstante, o resultado é moi diferente. Este plan dificulta o acceso á
universidade a estudantes cun nivel económico baixo, pois abarca medidas como:
asistencia obrigatoria a clase, o que impide estudar e traballar ao mesmo tempo;
aumento de tasas universitarias para o seu financiamento; e a obriga de realizar un
máster ao rematar a carreira para poder traballar, cuxo custo é elevadísimo. Se a isto se
lle suman os recortes do goberno español, o resultado é unha educación universitaria
para ricos, pero de pobres.
Tras o Plan Bolonia comezou, en 2010, a súa fase superior: A Estratexia
Universidade 2015. Este conxunto de medidas tratou de abordar os temas que a
LOU (Lei Orgánica do PP) e a LOMLOU (Lei Orgánica de Modificación da mesma)
deixaron pendentes. Considerábase que a LOMLOU quedara corta, que resultaba
insuficiente en canto ás reformas que incorporou, buscábase continuar cun novo
paquete de reformas.
No plano do financiamento, a EU 2015 xa foi casi totalmente implementada.
Porén, todavía hoxe podemos ver como avanzan os seus efectos no plano da
gobernación das Universidades. Así, os xa pouco democráticos órganos de goberno
do ensino superior están a ser substituídos polos Consellos Sociais controlados
totalmente por empresas e bancos.
2. O financiamento do ensino e as consecuencias do desinvestimento
O principal afectado polas crises económicas é a cultura, feito que en no Estado español
se aprecia perfectamente dende hai anos, pois o analfabetismo foi o máis frecuente ata
o século XX porque nunca se invertiu o suficiente na educación. E hoxe en días, as
cousas non cambian tanto: o investimento non soamente segue a ser baixo, senón que
cada vez decrece máis.
5