Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 4
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
competitividade, elimina os trazos máis positivos da lexislación anterior e ignora o
financiamento público.
Tras o cambio de goberno no estado paralizouse a aplicación da Lei e elaborouse unha
nova, a LOE, que se mantivo nos parámetros da LOCE e non introduciu modificacións de
fondo que resolvesen os problemas do noso ensino: que arrastra unha escasa oferta
educativa en todos os niveis, secundaria, bacharelato e Ciclos Formativos, que non dá
cobertura á demanda social como tampouco atende á realidade das comarcas galegas e
que non ofrece uns servizos complementares que garantan un acceso igualitario ao
ensino (transporte, comedores...). Todas as reformas educativas confirmaron a
privatización do ensino mantendo a dupla rede de centros de ensino, públicos e
privados/concertados, sendo estes últimos unha auténtica rede discriminatoria e
elitista, manténdose os concertos económicos coa rede privada que é amplamente
subvencionada con cartos públicos, mentres que o ensino público se debilita.
Actualmente esta a nos afectar a famosa reforma chamada LOMCE (Ley Orgánica da
Mellora da Calidade da Educación). Esta reforma educativa érguese sobre unha premisa
principal: " [...] a calidade educativa debe medirse en función do "output" (resultados
dos estudantes) e non do "input" (niveis de investimento, número de profesores, número
de centros, etc.) ".
Entre liñas, xa é doadamente visible o espectro que a compón, que non é outro que o
aforro e o recorte de orzamento en materia educativa. É dicir, o investimento da menor
cantidade posible de fondos á escola pública. En efecto, esta reforma segue o espírito
das demais postas en marcha polo goberno, co obxectivo de facernos pagar a súa crise.
Non obstante, a intención desta reforma vai moito máis alá do recorte orzamentario. A
realidade é que o sistema educativo, que xa era de por si deficiente no plano
pedagóxico e tecnolóxico e pobre en canto ao nivel, será totalmente desmantelado.
Reforzará, polo tanto, a concepción elitista do modelo e excluirá miles de estudantes
-das clases máis desfavorecidas, sobre todo-, os cales se verán condenados a traballos
precarios, ao paro e á nula formación académica. Evidentemente, non podemos obviar o
contido elitizador que posúe a LOMCE, que busca favorecer uns intereses concretos en
detrimento das posibilidades do pobo.
O sistema de avaliación e verificación do desenvolvemento formativo do estudante, os
exames, converten a aprendizaxe nun simple exercicio memorístico, sen ningún valor
pedagóxico e cos que, pola súa xeneralidade, non permiten un afondamento nos
coñecementos
En canto á situación do galego, é evidente que esta se encontra nunha situación de
diglosia cada vez máis acentuada con respecto ao castelán, é dicir, que esta como lingua
prestixiada usurpa ámbitos e niveis de u ͼ