Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 3
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
Teses
TESES POLÍTICAS
1. A situación do ensino
Dende o 2008, as políticas económicas deseñadas polos grandes poderes fácticos
sistematizaron un discurso encamiñado a incrementar a velocidade no desmantelamento
dos servizos públicos conseguidos nos últimos 50 anos mediante as loitas da clase
traballadora, baixo o parapeto do axuste fiscal e a harmonía orzamentaria.
Estas políticas van encamiñadas, en primeiro lugar, a conseguir recuperar a taxa de
ganancia dos grandes conglomerados empresariais ao mesmo tempo que producen un
empobrecemento das maiorías sociais e un desmantelamento do tecido produtivo da
periferia do sistema.
Estase a vivir unha situación crítica a nivel internacional. É evidente que na actualidade
o mundo vive un momento de convulsión sen precedentes nos últimos 20 anos, derivado
dunha crise estrutural non só económica, senón tamén ecolóxica, enerxética e política
no conxunto do planeta.
Toda esta situación repercute fortemente no ensino.
A respecto do ensino medio, as primeiras reformas educativas chegan coa aprobación da
LODE (Lei Orgánica reguladora do Dereito á Educación, 1985) e da LOXSE (1990)
Estas Leis formalmente significaban a democratización da xestión dos centros e a
descentralización das competencias educativas ás Comunidades Autónomas e que na
práctica non serviron para conectar a realidade da sociedade galega e o ensino,
confirmaron a ensinanza de relixión e instauroraron a dupla rede de centros públicos e
privado-concertados creando unha rede paralela e elitista favorecendo intereses
económicos e relixiosos.
O Partido Popular aproveitou a maioría absoluta do seu segundo mandato para levar a
cabo un fondo proceso de reformas estruturais do ensino público, ignorando a todas e
todos os afectados e impondo reformas elitistas, privatizadoras e centralizadoras, a
LOCE (Lei Orgánica de Calidade da Educación) invade as competencias das Comunidades
Autónomas, homoxeniza o sistema de ensinanzas medias do Estado, empregando o
fracaso escolar e a intención de corrixir os defectos da LOXSE como pretexto, promove a
3