Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 20
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
4. Métodos de traballo e funcionamento interno de Estudantes sen Futuro
4.1. A comunicación interna.
As decisións aprobadas en cada asemblea serán recollidas e posteriormente transmitidas
polos responsables das devanditas asembleas. Estes responsables deben garantir a
distribución da información a debate, deixando unha marxe de tempo suficiente para
asegurar así un proceso democrático e fomentando a reflexión e calidade do debate.
4.2. A comunicación externa.
Este campo atópase intimamente relacionado cos proxectos de comunicación e
propaganda que sexan acordados. Actualmente a gran cantidade de medios de difusión
existentes permítenos divulgar o noso discurso nun amplísimo marco social, asegurando
así que a nosa mensaxe chegue ao estudantado. Deberemos garantir o impulso dos
diferentes instrumentos integrados neste campo: Creación dunha paxina web propia na
que o traballo e actualizacións sexan constantes, que se converterá na nosa imaxe cara
o exterior; aproveitamento de todas as oportunidades ofrecidas polos medios de
comunicación; impulso do traballo colectivo nas redes sociais. Por último, non debemos
esquecer que a comunicación externa tamén consiste en falar coas nosas compañeiras
de estudos, escoitalos, analizar a súa problemática e transmitirlles as liñas da
Organización de xeito máis informal.
4.3. Unha organización transparente, aberta e ampla.
A transparencia e un dos principios que temos que aplicar en todos os ámbitos de
Estudantes sen Futuro, asegurando así o coñecemento de cada actividade realizada na
organización.
4.4. Traballo a pé de rúa e traballo a pé de aula.
O noso principal obxectivo, polo que vimos loitando dende ZH[