Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | 页面 21
Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro
"Tecendo na unidade o movemento estudantil"
que atentan contra o modelo de educación que é xusto. Posposición de exames datados
en dias de folga, actuacións de profesores de forma inadecuada, ou demais inxustizas
que puidesen producirse serían algúns dos exemplos dos problemas que tentarían
solucionarse. Á súa vez a divulgación do noso discurso dentro dun centro escolar
determinado é moi importante, tendo en conta que así aseguraríamos unha
concienciación do estudantado máis asegurada non só á hora de mobilizarse, se non día
a día en todos os ámbitos escolares. Os Consellos Escolares aparecen ante esta
necesidade como ferramenta na que traballar para adquirir unha perspectiva diferente,
ademais de novas canles polas que facer fronte ás diferentes problemáticas concretas.
5. As nosas finanzas.
Para poder ser unha organización estable e realizar unha actividade regular cómpre
contar cunhas finanzas sólidas. Para ilo deberemos elaborar, por unha banda,
orzamentos anuais nos que se indiquen as previsións de gastos e ingresos, e por outra,
orzamentos parciais para os proxectos e actividades que precisen financiamento. Esta
disposición do financiamento evitaranos situacións de falta de liquidez. Temos que ter
en conta, de forma indispensable, a nosa situación financeira e controlar os nosos
gastos. Todos os proxectos que a organización queira levar a cabo terán que ser
analizados tendo en conta o financiamento que supón e o orzamento co que se conta
nese momento. Cada unha dos movementos financeiros realizados deberán ser
transmitidos ao conxunto da organización polo responsable de finanzas, que terá que
elaborar con periodicidade balances específicos da actividade financeira.
O orzamento co que contará Estudantes sen Futuro dependerá de dous factores:
Actividades de autofinanciamento: estas actividades servirán como unha aportación
máis ao noso financiamento e un medio máis onde publicar os nosos propósitos. Sorteos,
concertos, festas, elaboracion de material propio... serán algunhas das actividades.
Axudas de carácter público e subvencións: as organizacións de ámbito cidadá teñen
dereito a estas axudas para poder realizar a súa acción social.
Para afrontar a escaseza de recursos cos que acotío adoitamos contar, cada asamblea
contará, segundo as súas necesidades, dun fondo determinado pola Coordinadora
Nacional.
6. A formación en Estudantes sen Futuro.
6.1. Formación teórica aplicada á praxe do movemento estudantil.
Estudantes sen Futuro, como organización estudantil que somos, consideramos que a
formación do estudantado, tanto pertencente a EsF como non, é a base para poder
acadar os propósitos que pretendemos na loita estudantil. Somos conscientes de que
para acadar isto son precisas actividades e accións que axuden ao estudantado a
formarse e concienciarse de cara ao ámbito político e ideolóxico. As xornadas de
formación, a realización de charlas, debates, etc, son algunhas das solucións que
aplicaremos tanto para o interno como para o externo de EsF. Dentro da organización
somos conscientes de que a formación dos nosos membros é un aspecto primordial,
21