Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 19

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" • Acción Externa: é a responsable das relacións de Estudantes sen Futuro co resto de organizacións. Así mesmo, encárgase de asegurar unha correcta comunicación entre a o conxunto da organización e as diferentes comisións de Estudantes en Movemento trasladando os acordos das mesmas e aportando o noso traballo. Os representantes elixidos polas Asembleas Xerais de cada comarca pasarán formar parte da Coordinadora Nacional. En caso de non poder asistir a unha xuntanza da coordinadora algunha responsable comarcal, poderase elixir a unha persoa para que a substitúa. Das decisións tomadas pola Coordinadora Nacional serán responsables todas as súas integrantes nomeadamente as compañeiras que ostenten algunha responsabilidade. 2.6. As comisións de traballo: Poderán ser constituídas por acordo da Asemblea Nacional ou a Coordinadora Nacional comisións de traballo que terán como obxectivo desenvolver unha determinada tarefa repartindo os esforzos derivados da mesma entre todas as estruturas de Estudantes sen Futuro. 3. A política de extensión organizativa Tendo en conta que os centros de estudos son os lugares básicos onde promover o movemento estudantil, o obxectivo sería poder chegar a formar asembleas de Estudantes sen Futuro en todos os centros que fose posible, coas características mínimas establecidas na estrutura interna, axilizando deste xeito o crecemento da organización. Outro dos propósitos sería coordinarnos con todos os niveis estudantis, non soamente focalizarnos na Educacion Secundaria Obligatoria e Bacharelato, tendo en conta que en moitos casos as problemáticas son as mesmas. Para iso estableceríanse canles de traballo e comunicación con todo o estudantado, presentando as nosas denuncias e propostas de cambio, concienciando ao estudantado de ESO e Bacharelato e tentando chegar tamen ao resto dos niveis estudantís. Para poder levar a cabo estes proxectos en cada curso establecerase un Plan de Extension e Coordinacion Organizativa aprobado pola Coordinadora Nacional. Este Plan deberá cumprir as características xerais, básicas, que se pretenden acadar. O querer obter unha maior presenza no estudantado e un maior numero de centros onde crear asembleas reflíctese en que nun futuro, a organización será conformada por novos membros, novos compañeiros situados, moitos deles, neste momento , noutros niveis estudantís. Para asegurar a continuidade desta organización a longo prazo, o cal e un dos nosos propósitos fundamentais, é precisa a captación de novos membros ademais dos que xa forman parte dela. 19