Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 18

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" asembleas de base. As emendas aprobadas por cada asemblea de base pasarán a ser debatidas no plenario da Asemblea Nacional e entrarán, se procede, a formar parte dos novos documentos da organización. Así mesmo, a Coordinadora Nacional saínte deberá render contas ante o resto da organización mediante a presentación dun Informe de Xestión que será aprobado coas modificacións aportadas por cada estrutura de base. Por último, procederase á elección dos membros permanentes da seguinte Coordinadora. 2.5. Coordinadora Nacional. Sen entrar en contradición co carácter asemblear e democrático do noso movemento, establecemos a creación dun órgano encargado de coordinar o traballo e tomar decisións a nivel nacional entre as Asembleas Nacionais: a Coordinadora Nacional. A Coordinadora Nacional ten como deber a aplicación dos acordos emanados das Asembleas Nacionais así como a elaboración de documentos a debate nas asembleas de base. A Coordinadora Nacional reúnese unha vez ao mes convocada pola responsable nacional correspondente tendo que ser esta convocatoria enviada xunto con toda a documentación a debate na reunión cunha antelación de 5 días. As responsabilidades individuais dentro da Coordina ܘH