Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 17

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" 2.2. As Asembleas Xerais: As Asembleas Xerais son órganos de coordinación a nivel comarcal que teñen como obxectivo: • • A elección dunha representante de cada localidade ou comarca que quedará integrada con voz e voto na Coordinadora Nacional. A coordinación do traballo de varias asembleas dunha mesma comarca de cara a mobilizacións ou accións que se desenvolvan neses territorios e/ou que precisen dun alto grao desta. Será convocado ás Asembleas Xerais o conxunto do estudantado da comarca e publicados de cara ó mesmo os acordos adoptados. 2.3. A Coordinadora Comarcal: A Coordinadora Comarcal é o órgano de canalización do debate e coordinación a nivel comarcal de Estudantes sen Futuro. É conformada polas responsables de organización de todas as asembleas de base dunha mesma comarca así como unha compañeira adicional por cada asemblea elixida por cada estrutura de base. Formará tamén parte desta coordinadora aquela persoa que sexa elixida pola Asemblea Xeral da comarca para representar á mesma na Coordinadora Nacional. A Coordinadora Comarcal reunirase obrigatoriamente antes de cada xuntanza da Coordinadora Nacional. Nela as responsables de cada asemblea de base transmitirán ao enlace coa Coordinadora Nacional os posicionamentos, dúbidas, propostas, etc. de cadansúa asemblea para que este se encargue de elevalos. 2.4. A Asemblea Nacional: A Asemblea Nacional é o máximo órgano de decisión de Estudantes sen Futuro. Nela pode participan con voz e voto todas as persoas que integran as asembleas de base da organización. Poderán participar tamén deste órgano aquelas estudantes que non participen en ningunha asemblea de base por non existir esta no seu lugar de orixe previa solicitude e aprobación da Coordinadora Nacional. Son competencias da Asemblea Nacional: • • • • Establecer os principios políticos e organizativos de Estudantes sen Futuro. Aprobar as liñas básicas que orientan a actuación da organización no período entre asembleas Elixir unha parte da Coordinadora Nacional, así como analizar a súa xestión e controlar o seu traballo. Decidir sobre todas aquelas cuestións que como máximo órgano da organización se lle poidan presentar. As Asembleas Nacionais celebraranse anualmente. O proceso de convocatoria e desenvolvemento é o seguinte: A Coordinadora Nacional saínte convoca a asemblea e unha proposta de documentos. Estes documentos deberán ser debatidos en reunión monográfica pola totalidade das 17