Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 16

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" • Asemblearismo: Deseñando unha organización que concilie a flexibilidade, a apertura e a amplitude propias da horizontalidade cunha estrutura organizada, sólida e plenamente funcional garantimos que a soberanía en EsF resida en cada unha das e dos seus membros, á vez que o facemos unha ferramenta útil para aloita estudantil. • Pluralismo: Estudantes sen Futuro admitirá e respectará todas as sensibilidades e correntes ideolóxicas no seu seo que persigan os mesmos obxectivos que a organización en conxunto e respecten os principios desta. • Autonomía: Estudantes sen Futuro xorde da organización consciente do estudantado e só responde aos interestes deste. Trátase dunha organización independente e soberana de toda organización ou institución ext \