Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 14

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" Tocante ás organizacións de tipo unitario, caben destacar a Plataforma en Defensa do Ensino Público, na que se integran CCOO, UGT e o SE, entre outras; e a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, na cal se integra a CIG, o SE e a LEG entre outras. Por outra banda, os Encontros Educativos supoñen unha moi boa ferramenta para achegar posturas co resto da comunidade educativa de cara a plantexar mobilizacións e actos conxuntos, e a crear un discurso en positivo de manera unitaria segundo os diversos puntos de vista, tanto dos distintos territorios como dos distintos sectores da comunidade educativa. Aparece tamén como plataforma a ter en conta Queremos Galego, unha plataforma que defende a lingua galega na situación de diglosia na que se atopa fronte ao castelán. Cómpre romper os estereotipos e apoiar o traballo desta plataforma e as súas reivindicacións a pesar de enmarcarse Estudantes sen Futuro a nivel estatal, pois a defensa da lingua galega é un dos piares ideolóxicos básicos da organización. O elevado aumento de forzas do movemento estudantil ven tamén acompañado paralelamente dun elevado aumento da represión das forzas do Estado. O estudantado consciente non ten só que facer fronte ás forzas ideolóxicas opositorias, senón tamén ás forzas represivas que tentan condenar a protesta. Cómpre denunciar esta situación e mostrar solidaridade con todas as afectadas pola represión. Por todos estes motivos, precisamos que cada vez máis estudantes se conciencien de que a organización é o único medio para construír unha educación pública, laica, de calidade, en galego, antipatriarcal e ecoloxista. 14