Documentos aprobados pola Asemblea Constituínte de Estudantes sen Futuro. Asemblea Constituínte ESF | Page 13

Asemblea Constituínte de Estudantes Sen Futuro "Tecendo na unidade o movemento estudantil" medio natural fronte a súa exploración indiscriminada levada a cabo polas grandes potencias económicas. 4. Análise do movemento estudantil Ante a LOMCE e o proxecto Estratexia Universidade 2015, estase producindo o maior auxe do movemento estudantil, mediante as mobilizacións máis sonadas dende a transición, con numerosas asembleas, peches de universidades, folgas e manifestacións; superando na maioría dos casos a falta de estrutura organizativa do movemento Antiboloña e aumentando considerablemente a conciencia do estudantado. A nivel nacional, dentro do movemento estudantil, cabe destacar Acción Universitaria, organización estudantil que actúa no ámbito universitario e que xorde a partir da antiga Revoluciona USC. Esta organización sufriu dende os seus inicios un gran salto cuantitativo e sobretodo cualitativo, expandíndose á cidade de Lugo. A proximidade entre a liña política desta organización coa de Estudantes sen Futuro fixo que se actuase conxuntamente en diversas ocasións. O aumento dos ataques ao estudantado e a profunda relación entre os ataques ao ensino medio e á universidade fan que Acción Universitaria sexa considerado como unha forza próxima e coa que sacar traballo conxunto. A nivel nacional, atópase a Liga Estudantil Galega, un sindicato de carácter nacionalista que aglutina forzas tanto do ensino medio como da universidade. Aínda que a súa forza é moi desigual nos diferentes territorios de Galiza, sumanse no seu seo unha cantidade importante de forzas. Apostando pola unidade do estudantado, Estudantes sen Futuro debe buscar a confluencia en accións conxuntas contra os ataques á educación. Así mesmo, en 2008 os Comités Abertos de Estudantes e os Comités Abertos de Facultade decidiron disolverse e fundar unha nova organización de carácter confederal que derón en chamar “Comités”. Esta organización hoxe en día atópase nun momento de certa debilidade debido ó auxe de Liga Estudantil Galega e a súa praxe en moitas ocasións certamente oportunista A nivel estatal, Estudantes sen Futuro atópase integrado xunto con Acción Universitaria en Estudiantes en Movimiento (EeM), unha rede organizada estudantil en defensa da educación pública que busca compartir e analizar análises, información e opinións, vinculando a loita estudantil por unha educación pública con outras loitas sociais que afectan tamén ás e ós estudantes, marcando un carácter socio-político nas súas actuacións que se afaste do corporativismo. Compréndese necesaria a articulación do discurso de Estudantes sen Futuro a nivel estatal en EeM para poder afondar na unidade do movemento estudantil. O Sindicato de Estudantes atópase nun proceso de descenso de forzas debido ao carácter oportunista e parasitario que o caracteriza e ao seu nulo traballo de base e a súa nula transparencia. Aínda así, o SE segue a ser un referente do movemento estudantil de diversos sectores da poboación, aínda que en moita maior medida no plano mediático. 13