Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 25
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
Artigo 10. Deberes.
Os deberes dos membros, para e coa organización, son:
- Respectar e levar a cabo o disposto nos presentes Estatutos.
- Participar regularmente nas asembleas de base xa sexan de centro ou
locais/comarcais.
- Participar regularmente nas accións do conxunto da organización.
- Levar a cabo dilixentemente as funcións dos seus cargos no caso de ser elixido para
unha responsabilidade individual.
- Desenvolver e aplicar en todos os ámbitos do seu centro de estudos os acordos e a
política adoptada no seo da organización.
- Respectar a pluralidade interna da organización, así como as compañeiras e os
compañeiros que a compoñen.
- Traballar de maneira individual na formación propia para adquirir os coñecementos
básico e necesarios cos que intervir positivamente no movemento estudantil.
Artigo 11. Baixa.
Serán causa de pérdida da condición de membro da organización:
- A propia vontade da afectada ou afectado.
- O acordo da asemblea de base á que pertenza a afectada ou afectado ante o
incumprimento dalgún dos deberes expostos no Artigo 10 dos presentes Estatutos.
A afectada ou o afectado, se así o desexa, poderá solicitar a ratificación da Asemblea
Xeral que lle corresponda.
- Resolución sancionadora dos órganos competetentes.
- O incumprimento dalgunha das condicións de membro recollidas no Artigo 8 destes
Estatutos.
Artigo 12. Procesos sancionadores.
A Coordinadora Nacional poderá acordar a apertura dun proceso sancionador cando a
conduta dunha ou dun membro sexa en gran medida contraria aos fins e á política xeral
da organización, ou contraveña seriamente o exposto nos presentes Estatutos.
O transcurso do proceso sancionador terá como base o acordo conxunto para
posteriormente ser tomado en aspecto de responsabilidade na súa aplicación mediante o
funcionamento da Coordinadora Nacional da organización.
25