Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 26
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
A Coordinadora Nacional deberá resolver o proceso de sanción nun prazo máximo dun
mes.
Estas decisións serán ratificadas pola Asemblea Xeral designada.
As sancións a aplicar poden ser: A prohibición temporal de ocupar responsabilidades ao
nivel determinado pola Coordinador Nacional, ou a súa total expulsión.
TÍTULO IV: ESTRUTURA INTERNA.
Sección I: Das asembleas de base.
Artigo 13. Definición.
As asembleas de base constitúen o órgano fundamental e o eixo organizativo de
Estudantes sen Futuro.
Nelas participa o conxunto do estudantado, e constitúense como a ferramenta en
unidade de contacto directo da organización coa realidade concreta do estudantado, é
dicir, fai toma de conciencia como colectivo humano para facer fronte a supresión dos
dereitos educativos básicos.
As asembleas de base tenderán a centrar o seu traballo nun ámbito de actuación o máis
concreto posible para así constituírse nunha forma de obrar verdadeiramente útil de
cara as e os estudantes.
A constitución das asembleas de base será aprobada nas Asembleas Nacionais ou en
calquera reunión levada a cabo pola Coordinadora Nacional.
Artigo 14. Composición.
As asembleas de base quedarán constituídas a partir de catro membros e deberán
nomear, como mínimo, unha ou un responsable de organización que se encargará de
convocar e tomar acta das reunións da asemblea, coordinar o traballo das integrantes da
asemblea, elevar os debates e acordos da asemblea aos órganos superiores e transimitir
ás e aos membros da súa asemblea de base o acordado polos demais órganos.
Artigo 15. Convocatorias.
As asembleas de base xuntaranse con carácter ordinario un mínimo de dúas veces ao
mes, entendendo isto como unha cuestión flexible.
A convocatoria das xuntanzas corresponde á responsable de organización da asemblea en
cuestión, de común acordo co resto de membros da organización.
26