Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 24

I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Rebeldía, Unión, Vitoria. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 TÍTULO III: ACERCA DOS MEMBROS. Artigo 8. Condición de membro. Poderán formar parte de Estudantes sen Futuro aquelas alumnas ou aqueles alumnos de calquera centro de ensino público galego, que participen na actividade orgánica da organización, e sexan recoñecidos como membro da mesma pola asamblea de base que lles corresponda. É incompatíbel a participación en Estudantes sen Futuro coa militancia noutra organización estudantil de carácter político. Artigo 9. Dereitos. Os dereitos xenuinos que lle corresponden a cada membro de Estudantes sen Futuro son os seguintes: - Ser convocadas ou convocados en tempo e hora a todas as xuntanzas de órganos que se decidan celebrar no nomeamento de asuntos que lles competan e afecten. - Elixir e ser elixidas ou elixidos para a Coordinadora Nacional e para algunha das responsabilidades individuais que existan na asemblea de base que lles corresponda. - Participar na elaboración da política de Estudantes sen Futuro e intervir libremente sobre todos os problemas que concernan as asembleas de base xunto coa súa realización, ou do resto de órganos aos que pertenzan. - Facer propostas sobre calquera cuestión que considere de interese xeral aos diferentes órganos. - Estar informado polos órganos pertinentes coma da liña política, das actividades que está a levar a cabo ou se levarán a cabo nun futuro próximo, así como da situación interna e externa de organización. - Supervisar políticamente e con xuízo o traballo levado a cabo polas e polos diferentes responsábeis das Asembleas de Base, da Coordinadora Nacional, ou das diferentes Comisións de T