Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 23
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
TÍTULO II: OBXECTIVOS E PRINCIPIOS.
Artigo 6. Fins e obxectivos.
Os fins a acadar pola organización Estudantes sen Futuro son os seguintes:
- Traballar en conxunto e unidade, pola conquista dunha digna Educación pública
definida nos termos expostos nas Teses Políticas.
- Defender, promocionar e ampliar os dereitos das e dos estudantes a través da acción
institucional e de masas.
- Asumir e defender aquelas reivindicacións das e dos estudantes sempre e cando non se
opoñan ou contradigan aos intereses e fins explícitos de Estudantes sen Futuro.
- Fomentar a participación do estudantado nas estruturas propias do seu centro,
aportando así os intereses e dereitos do alumnado á hora de establecer as políticas que
rixan dito centro.
- Impulsar a participación, a conciencia e a organización das estudantes galegas e dos
estudantes galegos para reforzar e configurar as súas posibilidades de loita dentro
dunhas determinadas estruturas.
- Promover a coordinación e a unidade do movemento estudantil do Estado español.
- Calidade informativa mediante charlas, debates,
ou concentracións entre o
estudantado para afianzar e aportar o entendemento necesario do carácter que
engloba a loita educativa.
- Facilitar a interacción dos estudantes para axudar á organización destes cunha serie de
valores reinvindicativos que inviten a movilización e participación activas.
- Vincular a loita estudantil por unha educación pública, laica e de calidade con outras
loitas sociais que tamén afectan ás e aos estudantes.
Artigo 7. Principios organizativos.
Os principios organizativos nos que se sustenta Estudantes sen Futuro son a democracia,
o asemblearismo, o pluralismo e a autonomía; como se expón nas teses organizativas.
23