Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 22
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
TÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS.
Artigo 1. Denominación.
Constitúese a organización estudantil “Estudantes sen Futuro” ao amparo da lexislación
vixente en materia de asociacións.
Estudantes sen Futuro ten personalidade xurídica plena e capacidade de obrar cara ás
Administracións Públicas, dispor dos seus bens e acadar os fins recollidos nos presentes
Estatutos.
Artigo 2. Domicilio social.
O domicilio social da organización “Estudantes sen Futuro” será decidido mediante a
Coordinadora Nacional despois dunha convocada Asemblea previa.
Unha vez elixido, este artigo será cambiado.
Artigo 3. Ámbito.
O ámbito de actuación de “Estudantes sen Futuro” súmase ao conxunto dos Institutos de
Educación Secundaria e Bacharelato públicos, así tamén recorre a admisión de
estudantes universitarios que desexen participar na organización.
Tales puntos de ensino deben figuran dentro do mapa de centros educativos da
comunidade autónoma galega.
Artigo 4. Idioma.
O idioma oficial que se empregará, tanto para o uso interno coma para o uso externo en
Estudantes sen Futuro, será o galego en normativa RAG-ILG.
Artigo 5. Logo.
O logo de Estudantes sen Futuro está formado por varios elementos superpostos que
procedemos a describir:
En primeiro lugar, atopamos unha mancha negra irregular
sobre a cal se proxecta a silueta dun puño en cor branca.
Por debaixo destes, se atopa escrito nunha soa liña, en
minúscula e en cor negra o nome da organización
“Estudantes sen Futuro”, onde cabe o uso da súa
abreviación coñecida: EsF.
Na comarca do Carballiño, cunha pequena diferenza,
empregárase este mesmo logo, mais debaixo do nome da
organización aparecerá tamén nunha liña en negro onde
se poderá ler: “Movemento estudantil do Carballiño”.
22