Documentos a debate na I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro Documentos a debate na I Asemblea Nacional de ESF | Page 19
I Asemblea Nacional de Estudantes sen Futuro
Rebeldía, Unión, Vitoria.
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
Os representantes elixidos polas Asembleas Comarcais de cada comarca pasarán formar
parte da Coordinadora Nacional. En caso de non poder asistir a unha xuntanza da
coordinadora algunha responsable comarcal, poderase elixir a unha persoa para que a
substitúa. Das decisións tomadas pola Coordinadora Nacional serán responsables todas as
súas integrantes nomeadamente as compañeiras que ostenten algunha responsabilidade.
2.4. A Asemblea Nacional:
A Asemblea Nacional é o máximo órgano de decisión de Estudantes sen Futuro. Nela
pode participan con voz e voto todas as persoas que integran as asembleas de base da
organización. Poderán participar tamén deste órgano aquelas estudantes que non
participen en ningunha asemblea de base por non existir esta no seu lugar de orixe
previa solicitude e aprobación da Coordinadora Nacional. Son competencias da Asemblea
Nacional:
• Establecer os principios políticos e organizativos de Estudantes sen Futuro.
• Aprobar as liñas básicas que orientan a actuación da organización no período entre
asembleas
• Elixir unha parte da Coordinadora Nacional, así como analizar a súa xestión e controlar
o seu traballo.
• Decidir sobre todas aquelas cuestións que como máximo órgano da organización se lle
poidan presentar.
As Asembleas Nacionais celebraranse anualmente. O proceso de convocatoria e
desenvolvemento é o seguinte:
En primeiro lugar a Coordinadora Nacional saínte convoca a asemblea e unha proposta
de documentos.
Posteriormente estes documentos deberán ser debatidos en reunión monográfica pola
totalidade das asembleas de base ou comarcais. As emendas aprobadas por cada
asemblea pasarán a ser debatidas no plenario da Asemblea Nacional e entrarán, se
procede, a formar parte dos novos documentos da organización. Así mesmo, a
Coordinadora Nacional saínte deberá render contas ante o resto da organización
mediante a presentación dun Informe de Xestión que será aprobado coas modificacións
aportadas por cada estrutura de base. Por último, procederase á elección das membras
permanentes da seguinte Coordinadora.
O proceso de elección destas membras constistirá:
1. Cada asemblea de base debatirá posibles nomes para a ocupación destes postos.
2. Cada comarca consensuará un nome nas súas respectivas Coordinadoras Comarcais.
19